Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Deza

RUTA PEREIRA (RODEIRO) ATA A FEIRA DA GOUXA (D0ZÓN)

Imaxe
DOMINGO 11 DE XUÑO DE 2023 Powered by  Wikiloc       O obxectivo da ruta é percorrer os 12 Kms que hai desde Pereira (Rodeiro) ata a feira da Gouxa (Dozón). Esta feira é unha verdadeira reliquia gastronómica, reminiscencia do que foron sempre os xantares na feira. Ademais caracterízase pola enorme afluencia de xente desde variados puntos da contorna e pola calidade do polbo e da carne ao caldeiro. DATOS DA RUTA: PERCORRIDO: 12 Km PENDENTES MEDIAS: +4,95     -4,4%  (é dicir, faciliña). DESNIVEL ACUMULADO  + 309 m       -311 m Aínda quedan algúns tradicionais pendellos da feira . José Antonio Gil Martínez . Pendellos d'A Gouxa . CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons  

RUTA CURTA DO MUÍÑO DE CUÍÑA (PRADO-LALÍN)

Imaxe
SÁBADO 14 DE XANEIRO DE 2023 Powered by  Wikiloc Sendeiro do muíño de Cuíña. Foto de Berta GS (+ fotos) Escollemos esta rutiña curta (10,5 Kms) para termos a continuación un xantar e a asemblea anual do club no restaurante Casa Castro de Vila de Cruces. Empezaremos a ruta onda o muíño de Cuíña e ademais das paisaxes teremos como puntos de interese o Pazo de Liñares, a Ponte medieval de Taboada, as ribeiras dos ríos Deza e Asneiro, un secadoiro de curtidos, a capela de santa Lucía... DATOS TÉCNICOS DA RUTA: Pendente media de subida 7,7% Pendente media de baixada -7,9% Desnivel positivo acumulado  +497 m Desnivel negativo acumulado -497 m Dificultade: media - media. Incrementada pola humidade e as zonas de auga nas beiras dos ríos.

RUTA DOS MUÍÑOS E VAL DE CAMBA (RODEIRO).

Imaxe
SÁBADO 10 - MARZO - 2018 Powered by  Wikiloc Puntos de interese: Ribeiras do río Rodeiro. Muíños do río Rodeiro e  hidroeléctrica privada. Aldeas do val de Camba. Igrexa de Fafián Carballeira do Conchouso. Casa fidalga de Casanova. Tulla de Outeiro (Fafián). Vestixios da vila romana de Porta de Arcos. Marco do Perdón. Casa Forte de Camba. Casa fidalga de Lamazares. Panorámicas sobre o monte Faro e o val de Camba. Percorrido da ruta: 14 Kms. Dificultade: Fácil (pendente media +3,9% e -3,9%). <

RUTA NOCTURNA DESDE PEDROSO AO COTO CORNELLAL (LUGAR DE ALTO INTERESE ARQUEOLÓXICO)

Imaxe
SÁBADO 3 DE SETEMBRO DE 2016 VER RUTA EN WIKILOC Diferentes razóns impedíronnos convocar a ruta clásica de Os Ancares neste mes de agosto. E todo o que nos podemos permitir neste inicio do curso é esta novidade: unha ruta nocturna desde Pedroso (Rodeiro) ata o Coto Cornellal, en Axiaz (Ventosa-Agolada), o lugar de maior interese arqueolóxico de toda a comarca. Son numerosas as mámoas con túmulo dolménico e os petróglifos. Precisamente de noite é cando mellor se ven os petróglifos gravados nas rochas. Percorrido: 11 Kms. Dificultade: media-baixa Puntos de interese:  Ponte medieval de Pedroso Aldea de Laxas Lenda do Turubelo Coto Cornellal Coto da Aspra Pontellas

RUTA PONTE DOS MEDOS - FREIXA DA CHAMOSA

Imaxe
DOMINGO 8 DE MARZO 2015. Powered by  Wikiloc Convocamos aos camiñantes do Érbedo para unha ruta de proximidade pola serra do Candán - Testeiro. Iremos polo curso alto do Deza e o Rego do Porto. Pasaremos pola casa do Coco e achégarémonos a unhas fermosas fervenzas no río Porto, a Freixa da Chamosa , preto da aldea de A Graña (Forcarei). Un percorrido de 14,8 Kms para unha mañá soleada de domingo preprimaveral. A ruta transcorre nun 80% por camiños de montaña, un 19% camiños rurais e 200 metros semivirxes para explorar.

Ruta para salvar a Fraga das Casas Vellas (Lalín)

Imaxe
Domingo 2 Novembro, en Lalín Éxito da ruta da F raga de Casas Vellas, en perigo pola instalación da liña de alta tensión de FENOSA!!   Powered by  Wikiloc A Fraga de Casas Vellas, situada ao lado da Carballeira de Quiroga (monumento natural da parroquia lalinense de Catasós) corre serio perigo. O proxecto da empresa Gas Natural-Fenosa contempla a corta dunhas 2.000 árbores (maioritariamente castiñeiros e carballos, pero tamén algún piñeiro manso de máis de 200 anos) para levar unha liña de alta tensión ata Lalín.  Aínda que existen alternativas que evitan este estrago (como soterrar a liña pola N-525, proposta polos veciños e que a empresa rexeita por cara) semella que a conivencia de Xunta, Concello de Lalín e Fenosa (con todos os permisos xa concedidos e disposta a iniciar este atentado ecolóxico no mes de novembro) unha vez máis vai impoñer os seus intereses económicos por enriba dos dos cidadáns.  Para intentar evitar esta derrama creouse a Plataforma para Salva...

RUTA POLAS RIBEIRAS DO RÍOS DEZA E GROBAS

Imaxe
DOMINGO 13 DE ABRIL de 2014 Powered by  Wikiloc Ruta curta para unha mañá de domingo primaveral. Convén non deixarse enganar: a rutiña é curta pero ten sorpresa incluída. Nun primeiro treito de douscentos metros temos que abrirnos paso coa fouce e facer camiño para buscar as poldras do río Grobas (treito aínda non explorado) e cruzar o río polas pedras irregulares que forman o pasal. Noutro segundo tramo descenderemos por un antigo camiño da Devesa do Ameixedo e tamén faremos uso da fouce. Aquí a vexetación é menos inconveniente que o desnivel.  Este tramo mide arredor de 500 metros. Dicía o poeta: Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao rozar. Do que non nos cabe dúbida é de que esta ruta figura nunha posición moi elevada nesa categoría de rutas de sendeirismo ateigadas de atractivos e paraxes de gran beleza. O Deza mociño, O Grobas virxinal, as Devesas do Ameixedo e Bustelos, a carballeira de Portomartín, a silueta impoñente do Coco, a montaña agreste, a variedade da f...

CHEGAR A GROBAS ou COMO POÑERLLE O RAMO ao 2013

Imaxe
DECEMBRO 2013 A toponimia non é unha ciencia exacta, pois trata de explicar a orixe e significado dos nomes de lugar. A derradeira ruta do 2013 do Érbedo explicou por si soa por que este treito de camiño e o regueiro entre O Ameixedo e Grobas lle chaman o "Malpaso". Cadaquén puido comprobar por si mesmo a esixencia e risco deste descenso. Sufrimos e gozamos desta paraxe de excelencia que beirea o río Grobas, tributario do Deza. Outra xornada memorable para o  extenso arquivo dos camiñantes do Érbedo. 

RUTA BUSTELOS AMEIXEDO GROBAS

Imaxe
Sábado 21 de decembro de 2013 Powered by  Wikiloc   O fragor e a fermosura natural do que temos ao lado. En mañá fresca e gris, con Manolo Busto á fronte e nos vehículos particulares, fomos ata Bustelos (16 Kms), na serra do Candán. Desde aquí baixamos buscando a cunca do río Deza para remontar polo val do regato de Grobas. Atravesamos a pontella do Ameixedo sobre o Grobas e subimos pola inmensidade da fraga deica a aldea de O Ameixedo. Para irmos a Grobas seguimos o vello camiño, rozado recentemente polos intrépidos que capitaneou Paco Agulló armados de podos e ansia. Chegamos a duras penas ao rego do Malpaso (a perigosa baixada  que nos levou a el serve de advertencia de que hai que ir sempre  moi preparados  ás rutas ) e de alí deica o miniparaíso de Grobas, esa aldea mítica e máxica que Forcarei abandonou no colo do Candán e que hai dous anos nos impresionou. Regresamos a Bustelos polo camiño de ferradura que patearon tantos ancestros na procura da civiliza...

FRAGA DE CATASÓS - VAL DO SEIXAS - LALÍN

Imaxe
Sábado, 16 de novembro Powered by  Wikiloc Desta volta a proposta sendeirista de Xosé Manuel levounos ás orixes do Érbedo,  no corazón do Deza, para coñecer algúns recunchos da comarca situados a cabalo dos concellos de Lalín e Dozón. A ruta, con fresco matinal e bo ambiente, partiu da Fraga de Catasós , tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, cuxa contorna presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza, tendo en conta que na súa maior parte constitúe un importante bosque mixto de carballo e castiñeiro. Logo deste apracíbel inicio, a ruta  cruzou o principal afluente do Deza,  o Asneiro , e, tras pasar o pozo Negro e subir a Puxallos, percorremos un anaquiño da  Vía da Prata . Por  camiños de vello e corredoiras enfiamos cara o val do río (ou rego) Seixas , parte del xa no veciño concello de Dozón , onde fixemos o  xantar (cruceiro da igrexa de Sanguiñedo ) . Un agradábel paseo a carón deste río, n unha das p...

RUTA POLO SOBREIRAL DO ARNEGO (SANTANDRÉ - TOIRIZ - PONTE BALSIÑA - A VULTUREIRA)

Imaxe
Domingo 10 de novembro de 2013 Powered by  Wikiloc Trátase dun percorrido polas ribeiras do Arnego, na zona sur do Sobreiral. Partiremos do lugar de Santandré (Carmoega), onde poderemos ver a aldea e a capela de Santa Lucía. Despois ascenderemos o Coto de Santandré ata Pena Grande (un excelente mirador natural sobre a engroba do Arnego e dos bosques de sobreiras). Aquí o camiño descende ata a parroquia de Toiriz, polas aldeas de Barrio e Foxacos. Buscaremos o paso do río pola ponte Balsiña (na foto da esquerda) e miraremos os muíños de Navaza de prolífica e curiosa historia. Voltaremos ao concello de Agolada pola parroquia de Brántega e ascenderemos ao coto da Vultureira (topónimo que alude a presenza de voitres no pasado- vultus  latino-). Polo lugar da Pontevella e o Porto acadaremos a meta, sempre co Arnego como inseparable compañeiro. Un percorrido de 12 Km por esta zona protexida na Rede Natura 2000, cualificación LIC e distinción ZEPA.

Ruta Penadauga-Férveda en Silleda

Imaxe
Domingo, 27 de outubro de 2013 Nesta agradábel mañá de domingo mandámoslle un paseíño de 9.00 a 12.00 polo  concello  de Silleda. Dispostos  a gozar do día e adestrar para o día 2 (Deza) e 30 e 1 (Pena Trevinca) xuntámonos na Penadauga, parroquia de Escuadro, Manolo Ferreiro, Loli e Sara (que mesmo se desprazaron desde a costa); Ana e Suhail; Luís Jar, Domingo, Manolo Busto, Bea e Xabier.  Foron 8 km, fáciliños e pola natureza máis nosa. Onde estivemos? Na  pedra milagreira de Santa Isabel (Penadauga) , para curar problemas de lombo e de pel (pola auga da charca en forma de cabeza que hai no seu cimo e na que se lavan os atrevidos), na  igrexa de Escuadro,  na  fervenza de Férveda  (magnífica e descoñecida, pero co enorme estrago da  fermosa corredoira vella, pola beira do río Escuadro, que agora xace sepulta por unha pista que as paleadoras -baixo as ordes de mentes privilexiadas- abriron ata moi preto da ...

RUTA CARBOEIRO - FERVENZA DO TOXA - POBOADO MINEIRO DE FONTAO

Domingo 22 de decembro do 2012 Powered by  Wikiloc Ruta Carboeiro-Fervenza do Toxa-Minas do Fontao O domingo 22 de decembro do 2012, en mañá solleira e de fresco inicial moi propicio para a marcha, arrexuntámonos oito ofrecidos para cumprir cunha ruta circular matinal que curase o suposto “mono”. Partindo da fermosa paisaxe do mosteiro de Carboeiro, atravesamos o río Deza pola ponte romana e percorremos vellas e outonizas corredoiras entre o misterio da mera e o frescor da nova estación, para chegar axiña á área recreativa da Carixa, en Merza. Café ao canto nesta poboación e, deseguido, camiño aberto ata o quebrado, salvaxe e, así a todo, moi achegado sendeiro que se inicia na ponte de peóns onde conflúen os ríos Toxa e Deza e que nos conduciu ata a espectacular fervenza do Toxa. Enchoupados, non só polo fragor da auga, tamén polas cores máis vivas e os rumores mais naturais, desandamos os pasos ata Merza e, xa co sol de compañeiro, camiñamos ata o rehabilitado poboado mineiro de F...

RUTA MONTE COCO E O AMEIXEDO (LALÍN)

Powered by  Wikiloc Venres Santo, 6 de abril de 2012, nunha mañá gris e fría, partimos cara os montes do Testeiro e iniciamos a ruta nun alto que hai entre Zobra e a Trigueira. Desde alí en suave descenso acadamos a pequena aldea de A Trigueira (topónimo que fala de cultivos de trigo) con pasado mineiro. Encontro co río Deza e a ponte dos Medos, paso de outeiro e cambio ao rego Porto que salvamos pola pontella dos Malvaredos, minas tapiadas, alvarizas pétreas gorentadas antano polo temible oso. Ascenso ao Coco e sorpresiva casa na soidade, ruinosa e abandonada, lonxe de todo, loitando inerme contra os temporais. Alí especulamos co seu pasado mineiro. Unha neviscada recibiunos ao acadar o cumio e aproveitamos o refuxio. Descenso cara o Ameixedo, de natureza exuberante, aldea término. Devesa vizosa e corredoira antiga cara a Porto Martín, onde voltamos a cruzar o Deza por unha fermosa pontella de madeira que se estriba sobre un carballo da Ribeira.  Estupenda mañá de sendeirismo...

RUTA A GROBAS, BUSTELOS E O CANDÁN DESDE ACIVEIRO

Powered by  Wikiloc