Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

RUTA POLAS RIBEIRAS DO RÍOS DEZA E GROBAS

Imaxe
DOMINGO 13 DE ABRIL de 2014 Powered by  Wikiloc Ruta curta para unha mañá de domingo primaveral. Convén non deixarse enganar: a rutiña é curta pero ten sorpresa incluída. Nun primeiro treito de douscentos metros temos que abrirnos paso coa fouce e facer camiño para buscar as poldras do río Grobas (treito aínda non explorado) e cruzar o río polas pedras irregulares que forman o pasal. Noutro segundo tramo descenderemos por un antigo camiño da Devesa do Ameixedo e tamén faremos uso da fouce. Aquí a vexetación é menos inconveniente que o desnivel.  Este tramo mide arredor de 500 metros. Dicía o poeta: Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao rozar. Do que non nos cabe dúbida é de que esta ruta figura nunha posición moi elevada nesa categoría de rutas de sendeirismo ateigadas de atractivos e paraxes de gran beleza. O Deza mociño, O Grobas virxinal, as Devesas do Ameixedo e Bustelos, a carballeira de Portomartín, a silueta impoñente do Coco, a montaña agreste, a variedade da flora, a a