Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A Limia

RUTA REBORDECHAO - SAN MAMEDE

Imaxe
SÁBADO 10 DE DECEMBRO DE 2022 VER RUTA EN WIKILOC Ruta de montaña no Macizo Central ourensán, no concello de Vilar de Barrio. Rebordechao, desde a aba da serra. Foto de Berta GS (+ fotos) Puntos de interese:  Aldea de Rebordechao Cumio e capela do San Mamede Fervenza do Pozo dos Mouros Bosques autóctonos. Chozos dos pastores Amplas panorámicas sobre a Limia e as Terras de Maceda e Montederramo Datos técnicos da ruta: Percorrido: 15,5 Kms Pendente media positiva: 12,6% Pendente media negativa: -13,1% Dificultade: media-alta Existe a posibilidade de realizar soamente 11 Kms

RUTA POR A LIMIA DE XINZO E SARREAUS

Imaxe
Sábado 26 de xaneiro de 2013 Powered by  Wikiloc   Ruta da Limia (de Xinzo a Sarreaus) O sábado 26 de xaneiro e por terras da Limia iniciamos a xeira dun ano 13 que promete. Cando menos camaradería. O demais (esforzo deportivo, ledicia, cultura e canto se lle queira achacar a esta actividade) virá pola súa conta e só con procuralo. Antes de nada, inesperado agasallo na nova xuntanza cos amigos da costa: espléndido día. Ademais, como se a natureza quixese recuperar o que é seu, as interminábeis choivas dos días anteriores fixeron máis interesante a ruta, pois colaboraron en encher de auga a chaira limiá. Gozamos así, durante toda a mañá, da vista dunha parte do que era Lagoa de Antela, a máis grande de Galiza e que fora desecada no franquismo. Despois dun refrixerio de café e bica, partimos da igrexa románica de Santo Tomé de Morgade, con cruceiro e reitoral con adobíos. En leve subida a outeiros de serra baixa, acadamos axiña o Castro da Cidade, de escaso valor e menos conserv...