Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

RUTA AO MONTE PINDO

Imaxe
SÁBADO  25 DE XUÑO DE 2022   Powered by  Wikiloc   Esta ruta combina a media montaña coa zona do litoral atlántico. Iníciase na localidade de Caldebarcos (Carnota) e ascende ao pico da Moa, a cota máxima do Pindo. O monte Pindo é un monte mitolóxico de longa historia e é coñecido como o Olimpo Galego. Descenderemos á aldea de Quilmas e desde alí bordearemos durante 6 kms a costa ata a praia de Caldebarcos. Foto de Berta GS (+fotos)               Elementos de interese: O monte Pindo As inmensas panorámicas atlánticas e sobre a contorna. As formacións graníticas As ruínas de murallas e castelos A praia de Caldebarcos e Carnota Percorrido: 17,4 Kms Dificultade: media-alta Pendente media no ascenso: 8,6 % Pendente media de descenso: -8,7 %