Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O Ribeiro

RUTA TERMAS DE PREXIGUEIRO - POZAS DE MELÓN

Imaxe
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2016 VER RUTA EN WIKILOC         Puntos de interese: Termas de Prexigueiro (Ribadavia). Termas no río Cerves. Prexigueiro. Estas termas son libres. Non hai que pagar. Visita ao mosteiro cisterciense de Melón. Na fin da ruta teremos oportunidade de relaxarnos cun baño termal. Cómpre bañador, toalla, chanclas...  Pozas de Melón no curso do río Cerves.   VÍDEO Fervenza do Tourón tamén no río Cerves   VÍDEO

RUTA PENA CORNEIRA

Powered by  Wikiloc O sábado 17 de marzo do 2012, nun día un tanto desapracíbel, executamos unha interesantísima proposta de Xosé Manuel polas terras do Ribeiro, culminada coa subida a Pena Corneira. A ruta, de máis de 25 km, levounos polos concellos de Leiro e Boborás e combinou historia, arte, deporte e moita natureza. E todo aquí ao lado ou, coma quen di, na porta da casa. Logo da xuntanza no mosteiro de San Clodio, reconvertido en hotel-monumento, onde albiscamos as primeiras mostras do bo facer dos canteiros do Avia, subimos en coche a Lebosende para iniciar a camiñada. As pintas da mañá xa avisaban de que non ía ser doado convivir co ceo, así que, entre choviscas e corredorias orballadas, abeirados polo andazo das acacias que van implacabelmente conquistando as ribeiras dos montes e sepultando as aldeas abandonadas, achegámonos ata Pazos de Arenteiro, coa súa rexa pedra nobiliaria ornada de brasón, coa súa magnífica igrexa, co seu pasado esplendoroso e o seu presente recupera...