Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2015

OUTONO NO COUREL: SECEDA - SOBREDO - VALDOMIR - LOUSADELA

Imaxe
SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2015   Powered by  Wikiloc Seceda. Foto de M. Busto (+ fotos) No Courel reside a reserva botánica de Galicia. Ademais da súa orografía espectacular, os seus bosques caducifolios, a arquitectura das súas aldeas, os ríos que percorren os seus vales encaixados e ríspidos, a auga que baixa apurada das empinadas montañas descolgándose en sonoras pincheiras ... son atractivos suficientes para volver a este particular edén lucense. E máis nestas datas nas que o outono decora as paisaxes con aurilucentes cores. 21,3 Kms de percorrido ( 20 Kms. para quen queira prescindir do castro da Torre en Sobredo). Tamén existe a posibilidade de facer a ruta 4 quilómetros máis curta, rematando o itinerario ao chegar a Lousadela. Neste último caso obrigaría a esperar unha hora e pico nesta aldea para ser recollidos polos vehículos que despracemos. Dificultade: media-alta PUNTOS DE INTERESE: Antes de empezarmos a camiñar deterémonos para visitar a interesantísima igrexa de San Fiz de

O FERMOSO TRAMO DE RUTA ENTRE LOUSADELA E SECEDA

Imaxe
SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2015 Powered by  Wikiloc A ruta é moi diversa en paisaxes, como o propio Courel, con grandes contrastes entre as montañas elevadas e escarpadas, con vexetación baixa de matogueiras e a feracidade dos vales, onde a presenza de cursos fluviais é unha constante. Os contrastes da vexetación repítense nas ladeiras sollías e nas aveseiras.   Nesta ruta circular Seceda - Sobredo - Valdomir - Lousadela - Seceda hai tramos ou puntos que destacan especialmente sobre o resto: a propia aldea de Seceda cunha arquitectura restaurada admirable, o castro da Torre en Sobredo, o souto de Sobredo, o curso do río Lóuzara, as decenas de alvarizas. Pero sobre todo, o treito entre Lousadela e Seceda, subindo parellos ao regato que baixa de Seceda. Seceda. Foto de M. Busto (+ fotos)