Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O Carballiño

RUTA POR BEARIZ - MURADÁS- ALVITE - ALÉN - CORREA - DOADE E A BOUZA

Imaxe
SÁBADO 15 DE XANEIRO DE 2022 Powered by  Wikiloc A ruta: 18 kms Dificultade media.  Pendente media positiva: 6,2% Pendente media negativa: -6,4% Foto de Berta GS (+ fotos) Cremos que Beariz ben vale unha visita. Ademais dos seus atractivos naturais, Beariz suma un patrimonio arquitectónico popular certamente reseñable, non en van este concello forma parte da Terra de Montes, que se singularizou polas habilidades e obras dos seus moitos canteiros. O mestre Cerviño, quizais sexa o máis recoñecido. Del é o cruceiro que temos na foto da esquerda. Beariz é un concello que sufriu un fortísimo despoboamento desde os anos 40. Pedeu dous terzos da súa poboación. Na actualidade, segundo o censo de xaneiro de 2021, conta con 971 habitantes (densidade do 17,34 htes/km2,  cifra que a Unesco considera próxima a un deserto poboacional). A emigración dirixiuse tradicionalmente a México e alí moitos fixeron fortuna, xunto aos outros galegos do concello veciño de Avión. Expoñente desas for...

RUTA DAS SETE ALDEAS RIBEIREÑAS DO RÍO VIÑAS (O IRIXO)

Imaxe
SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2017 Powered by  Wikiloc O concello de O Irixo estivo tristemente de actualidade hai cinco anos cando alguén tivo a pretensión de chantarlle á beira dos montes da Madanela unha incineradora de lixo. As protestas cidadás e outras circunstancias fixeron recuar aos promotores. Agora, o grande mal que padece este concello é a despoboación e o abandono. Como escenario desta realidade quedan as aldeas, as cales contan cunha arquitectura destacable arruinada ou arruinándose e a grandiosidade dos bosques e das montañas. No Testeiro e nas súas abas norte e leste aséntanse Froufe e A Espiñeira. A nosa ruta percorrerá estas parroquias cos seus bosques autóctonos, as ribeiras do río Viñas e o rego de Munín, as aldeas de Froufe, O Alén (abandonada), Subirol, Munín, O Covelo, Frixe e Surribas. Corredoiras antigas, camiños carreteiros, pistas forestais, carreiros, sendas silvestres e algo de campo través permitirannos gozar destes 11 quilómetros. Esperamos que sexa un est...

RUTA RÍO BARBANTIÑO DESDE PUNXÍN

Imaxe
XOVES 22 DE DECEMBRO DE 2016 Powered by  Wikiloc Ruta de 12,6 Kms. para a mañá do sábado. Percorremos as fermosas ribeiras do curso baixo do Barbantiño, coas súas fervenzas, poldras, muíños, pontes e o agradecido bosque de galería. O Barbantiño. Foto de Berta GS (+ fotos)   Outra cara do río. Foto de Manuel Ferreiro (+ fotos) Percorrido: 12,6 Kms Dificultade: Media

RUTA DE DADÍN AO CASTRO DE XURENZÁS

Imaxe
SÁBADO 11 DE XANEIRO DE 2014 Powered by  Wikiloc Xa a última hora convocamos a esta rutiña de entreno para mañá sábado 11 de xaneiro polo concello de O Irixo (Ourense), a 19 Kms. de Lalín. Cremos que non ofrece ningunha dificultade especial e ten como puntos de interese o santuario e carballeira da Pena da Sela  e os castros Pedroso e Xurenzás. A meteoroloxía parece propicia, sen precipitacións, cun ceo no que se abrirán progresivamente claros e temperaturas arredor dos 10º Dificultade: media-baixa Percorrido: 12,7 km

RUTA PARADA DE LABIOTE - FROUFE - COTO SURRIBAS

Domingo 21 de outubro de 2012   Powered by  Wikiloc O domingo 21 de outubro Galicia espertaba para unha xornada electoral autonómica. E tratándose de eleccións a nosa primeira opción foi soñar camiños que a mañá vestía de brétema e reservar a emisión do voto en urna para a tarde. Despois do vivido coincidimos en que a xeira foi amplamente satisfactoria. Esta nosa terra posúe beleza e paisaxes de excelencia en todas as xeografías, aldeas que conxugan unha arquitectura funcional e sabia cun éxodo que as deixa exánimes. Camiñar por estas terras de O Irixo, por fragas e penedíos, adentrarse nas ruelas e canellas das aldeas, aspirar a limpeza da mañá, consumir o outono en raiolas de ouro é sempre unha experiencia feliz e recomendable. Así pensamos a media ducia de erbedeiros que aquel día nos congregamos en Parada de Labiote.

RUTA DA SERRA DA MARTIÑÁ

Powered by  Wikiloc En domingo e sen outro anceio que gozar dos tesouros máis achegados, collemos coche e, vía Rodeiro, serpeamos pola estrada que acariña as abas do Faro para presentarnos no mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira, na parroquia do mesmo nome que pertence ao concello de San Cristovo de Cea. O nome xa fala de pan, aínda que esa vez foi a bica no bar Escudo quen acompañou o café primeiro. Ambiente deportivo xusto ao iniciar a ruta polas beiras do regato, entre o trollo de antigas corredoiras estragadas por falta de uso e o sol asomando pola orballada fronde. Deixando de lado a aldea de Covelo, abandonada, procuramos estreitas vereas asaltadas pola ramaxe para, entre soutos e carballeiras, ascender ata a aldea de Trabazos. A seguir, sempre en costa, enfiamos cara á Serra da Martiñá, onde a vexetación xa se encolle con fentos, codesos, xestas e toxeiras, e as pedras de antolladizas formas marcan a rexa paisaxe. No cume de Pena Veidosa (ou Ventosa) e tirando a vi...