Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

RUTA DO NACEMENTO DO ULLA. ANTAS DE ULLA

Imaxe
SÁBADO 20 DE XANEIRO DE 2024 Powered by  Wikiloc   Convocamos para unha fermosa ruta nas terras de Antas de Ulla para visitar principalmente o nacemento do río Ulla , no lugar onde inicia un fértil percorrido de 136 km polo centro de Galicia.  As aldeas de Amoexa, Peibás, Cibreiro, Casilmoure e Olveda forman parte do percorrido. As carballeiras e a abundancia de auga destacan na paisaxe. Muíños, cruceiros, dúas igrexas e algúns hórreos singulares están alí para alegrar as miradas. Foto de Berta GS (+ fotos) Muíños preto de Peibás DATOS DA RUTA: Percorrido: 13,3 Km Pendentes: +5,4%  e - 6,4%   Desnivel acumulado: +464 e -464 Dificultade: Fácil Camiño veciñal Despois da ruta temos encargado un xantar ás 15:00 h no restaurante Val de Antas de Ulla. Na sobremesa teremos a asemblea anual do club. Punto de encontro:  restaurante Val de Antas de Ulla .  9:00 h    Na Chousa da Poteira agroma o Ulla. Fonte do Ulla