Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

RUTA POLO VAL DO SILENCIO

Imaxe
Sábado 27 e domingo 28 de 2012 Powered by  Wikiloc   Despois de varios anos de rutas de un día, queriamos probar facendo noite fóra.  A ocasión chegou coa degoxada Ruta do Val do Silencio, aló polo Bierzo, o sábado  27 e domingo 28, xusto no cambio de hora de Outubro.   Saíndo cedo de Lalín, parando ao pan en Antas e ao café en Ponferrada, despois  de deixar ceibos a Antonio e Francisco, trece expedicionarios penetramos pola intricada estrada que segue o curso do río Oza e, para iniciar a denominada Ruta Circular da Tebaida Berciana, chegamos a Montes de Valdueza (930 m de altitude). Nesta aldea decadente, con ruinoso mosteiro de San Pedro de Montes (s.IX) que non puidemos visitar por estar en longa fase de rehabiliación, collemos camiño de ascenso entre soutos ata chegar ao Castro Rupiano (1.090 m), antigo asentamento ástur e romano coa lenda da Sierpe da que san Fructuoso liberou aos poboadores do val. Entre vizosa vexetación, e seguindo un canal romano que leva auga ás Médulas, cru

RUTA PARADA DE LABIOTE - FROUFE - COTO SURRIBAS

Domingo 21 de outubro de 2012   Powered by  Wikiloc O domingo 21 de outubro Galicia espertaba para unha xornada electoral autonómica. E tratándose de eleccións a nosa primeira opción foi soñar camiños que a mañá vestía de brétema e reservar a emisión do voto en urna para a tarde. Despois do vivido coincidimos en que a xeira foi amplamente satisfactoria. Esta nosa terra posúe beleza e paisaxes de excelencia en todas as xeografías, aldeas que conxugan unha arquitectura funcional e sabia cun éxodo que as deixa exánimes. Camiñar por estas terras de O Irixo, por fragas e penedíos, adentrarse nas ruelas e canellas das aldeas, aspirar a limpeza da mañá, consumir o outono en raiolas de ouro é sempre unha experiencia feliz e recomendable. Así pensamos a media ducia de erbedeiros que aquel día nos congregamos en Parada de Labiote.