Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

RUTA POLOS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS

Imaxe
SÁBADO 5 DE OUTUBRO DE 2019 Powered by  Wikiloc   Foto de Berta GS (+ fotos) Invitámosvos a seguir o itinerario que realizou o club Acivro polos bosques autóctonos de Castro Caldelas. Deixamos aquí a ligazón onde describen detalladamente o itinerario e os puntos de interese e onde se poden ver as fermosas imaxes da súa reportaxe posterior á camiñata. P areceunos interesante e repleta de atractivos, entre os que citamos os seguintes: O fermoso burgo medieval de Castro Caldelas O mosteiro de San Paio de Abeleda Igrexas varias, entre as que destaca a do desaparecido mosteiro de San Xoán de Camba, Fervenzas, ríos, o curso do río Edo... Poldras, pontes, pontellas, muíños.. Aldeas habitadas e abandonadas, a fermosa arquitectura popular Bosques con árbores centenarias, camiños de vello Datos da ruta: Son dous bucles que teñen como nodo de unión a vila de Castro Caldelas. O primeiro bucle ten 18 Kms. O segundo 6,3. Os que desexen facer só o primeiro bucle poden agardar ao pé dunha cervexa nu