Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2013

RUTA POLA COSTA DE DEXO E LORBÉ (OLEIROS - SADA)

Imaxe
Xoves,  29 de agosto de 2013 Powered by  Wikiloc Ruta pola costa de DEXO e LORBÉ (Concellos de Oleiros e Sada) Case morría o agosto nese xoves 29 e, como fose, había que ir ao mar. Así que, con costa ceiba e coa Marola no ollo, en mañá solleira e leda, dispuxémonos para unha andaina preparada Manolo Busto coa que despedir como merece o verán. Iniciamos en Mera: café con vistas á Ría da Coruña en terraza amena e paseo pola beira da fermosa praia, co engado da cidade herculina de fondo. Un sendeiro asfaltado levounos ata o Faro e a pechada Aula do Mar desa localidade, onde Manolo Ferreiro se ocupou de inmortalizar o instante. Axiña, sendeiros entre o arume dos piñeiros para chegar ata a agreste punta do Seixo Branco, con gozosas estampas de barcos de pesca aplicados á faena e a Torre de Hércules na bruma e ao lonxe. Insistindo pola beira do mar demos axiña coas furnas do Ollo Pequeno, a Galocha e Ollo Grande, unha tras outra, entre os contos do Antonio e a presenza insistente da Marola (