Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2015

RUTA CIRCULAR DO RIO DONSAL-PARQUE DOS ANCARES

Imaxe
DOMINGO 30 de Agosto de 2015 Powered by  Wikiloc Porque non convén esquecer os bos costumes, para despedir agosto tripando terróns e en camaradería, volvemos a vista cara aos nosos vellos coñecidos, os Ancares. Desta volta non subiremos aos cumios como facemos cada ano (realmente xa os acadamos todos), senón que nos perderemos pola morna feitura dos vales que trazan dous regatos (río Donsal e río Ser) e patearemos montes máis baixos pero non menos fermosos. Logo, iso si, acabaremos a ruta como viña sendo tradicional anos atrás cunha troitada/churrascada na Pobra, á beira do río Navia entre risos e contos. Non podes perdela!!! Ruta 1: Circular do río Donsal: 16 km E complemento voluntario: Ruta 2: Salvaxe do río Ser: 4 km Trátase dunha das rutas máis bonitas existentes no concello de Becerreá, dentro do futuro Parque Natural dos Ancares, na que se poden contemplar fermosas paisaxes e, sobre todo, excepcionais bosques autóctonos de grande valor ecolóxico (carballos rebolos, albares, capu