Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

RUTA POLO PARQUE NATURAL DO INVERNADOIRO

Imaxe
Sábado, 22 de marzo de 2014 Lección de montaña … non existen asentamentos humanos dentro dos límites d’ O Invernadoiro .  Todo é natureza . Así reza na descrición que Turgalicia fai deste espazo. Non é de estrañar pois que, logo das experiencias vividas, para algúns de nós as terras do macizo central ourensá estean a converterse nunha sorte de Meca pois invariablemente ano tras ano sentimos, cal devotos, a necesidade de peregrinar cara os seus cumios. Así, desta vez, o 22 de marzo, sábado , encamiñámonos un chisquiño máis ao sur (SE) para penetrar no espazo natural do Invernadeiro, dominios do lobo, do xabarín, a garduña ou dos cervos. Do lobo ou cervos podemos dar fe algúns dos que por aquí andamos. Xa o ano pasado roldamos a carón dos seus límites administrativos cando fixemos a ruta pola serra de San Mamede. A área que imos patear desenvólvese integramente no concello de Vilariño de Conso, movéndonos en alt itudes entre 1.000-1.600 m. +INFO: O invernadeiro⎮Patrimonio natural No par