RUTA ANCARES 2013. TRES BISPOS - CORNO MALDITO

Powered by Wikiloc


RUTA ANCARES 2013: Tres Bispos-Corno Maldito

Xa avisaramos hai un ano, “Se esta foi a cuarta, que ninguén o dubide: non hai quinta mala”, e como a palabra é un documento, abriu agosto e no primeiro xoves (tradición manda)  subimos ao alto nas estremas de Galiza e León.
De novo unha tropa de 32 e desta vez con principio e final no Albergue dos Ancares (Degrada). Experimentouna Pepe, Manuel estivo ao micro, e todos ao rebufo dun Busto definitivamente tecnoloxizado. En mañá solleira e algo ventada fomos camiño arriba e sen apuro. Pura paisaxe. Despois de pisar campas e mirar mundo, chegamos sen novidade ao Tres Bispos. Foto ao canto e, a seguir, dous grupos: os de risco cara ao Corno Maldito (pasando os Penedois e o Pico Charcas) e os do acougo pola Golada da Trapa, xa en baixada. Xantar separados, todo moi bucólico. Fontes e sombras agarimosas no calor da sesta. Paso por Campa de Brego, Rego da Vara , Devesa da Cabanavella... Os nomes recenden a Natureza. E ceiba. Esplendor, entresuores da tarde, de acivros e arandeiras. Ata que o son das gaitas nos recibiu no Albergue, para ledicia dos vales. E unha cervexa fresca antes de visita rápida aos Grobos de Agüeira. Ao cabo, cea na Fonte da Salud, con troula subida (hai perna!) e a promesa de recuncar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO