RUTA FRIOL - CASTELO DE SAN PAIO DE NARLA
SÁBADO 18 DE XULLO DE 2026 VER RUTA EN WIKILOC Preparamos para esta ocasión unha ruta asequible, a unha zona aínda non visitada polo club. E coa premisa de fuxir da vaga de calor que aínda afectará na vindeira fin de semana a bastantes zonas da nosa área de acción camiñante. Pensamos en visitar as terras de Friol cos puntos de interese seguintes: a propia vila de Friol, uns sete quilómetros do Camiño Primitivo a Santiago, a recreación dun recinto castrexo no campamento do Friulio, a aldea de Xiá, o castelo-museo de San Paio de Narla, que visitaremos, as paisaxes tradicionais desta zona onde as casas se cubren cun lousado de pizarra. Podemos rematar a ruta cun baño na área recreativa fluvial de Friol. DATOS DA RUTA Percorrido: 16,4 Km Pendentes medias: +3,4 % e -3,5% Desnivel acumulado: 346 m Facilona e moi asequible. Moita pista forestal ou camiños veciñais. Tamén algún tramo de asfalto. E como guinda, un tramiño de campo través.