RUTA FRAGAS DO EUME DESDE A CAPELA E MUÍÑOS DO RÍO SESÍN
SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026
Érbedo Andainas volve ás Fragas do Eume despois de moitos anos da primeira visita. Nesta ocasión, para variar algo o itinerario da primeira ocasión, partiremos da vila da Capela e dirixirémonos ao mosteiro de Caaveiro, logo faremos a ruta Ventureira e voltaremos á capela polos muíños do río Sesín. Non é moito percorrido (13,5 Km), pero si ten unha pendente apreciable (+11,2% e -10,6%). O desnivel acumulado é de 1000 m.
SAÍDA DE LALÍN. Estación de autobuses
HORA: 7:45
PUNTO DE ENCONTRO (anunciarase por whatsapp)
Comentarios
Publicar un comentario