Ruta Penadauga-Férveda en Silleda
Domingo, 27 de outubro de 2013 Nesta agradábel mañá de domingo mandámoslle un paseíño de 9.00 a 12.00 polo concello de Silleda. Dispostos a gozar do día e adestrar para o día 2 (Deza) e 30 e 1 (Pena Trevinca) xuntámonos na Penadauga, parroquia de Escuadro, Manolo Ferreiro, Loli e Sara (que mesmo se desprazaron desde a costa); Ana e Suhail; Luís Jar, Domingo, Manolo Busto, Bea e Xabier. Foron 8 km, fáciliños e pola natureza máis nosa. Onde estivemos? Na pedra milagreira de Santa Isabel (Penadauga) , para curar problemas de lombo e de pel (pola auga da charca en forma de cabeza que hai no seu cimo e na que se lavan os atrevidos), na igrexa de Escuadro, na fervenza de Férveda (magnífica e descoñecida, pero co enorme estrago da fermosa corredoira vella, pola beira do río Escuadro, que agora xace sepulta por unha pista que as paleadoras -baixo as ordes de mentes privilexiadas- abriron ata moi preto da ...