Socias e socios fundadores
SOCIAS E SOCIOS FUNDADORES
Denominamos desta maneira aos socios de número que se inscribiron no momento da fundación do club. Non por iso teñen máis dereitos que os que se incorporen máis tarde. Contamos con 32 socios fundadores, procedentes de concellos tan dispares como Catoira, Vilagarcía, Sanxenxo, Pontevedra, Teo, Santiago, Melide, Lugo, Meira, Rodeiro, Silleda e Lalín.
NOVOS SOCIOS E SOCIAS
Poderanse incorporar novos socios no club. Para iso teñen que solicitar, a través dun membro da Xunta Directiva, o seu ingreso no club. Deberán aboar as cotas vixentes nese momento no club para un ano completo. Todos quedan obrigados a contar con ficha federativa individual, agás os que xa a posúan noutro club de sendeirismo ou montañismo. Estes últimos só aboarán os gastos do club .
Os socios que se incorporen a partir do 1 de xaneiro de 2023 teñen unha cota de inscrición no club de 20 € ademais das cotas de socio vixentes para ese ano. Os exsocios/as, que causaron baixa con data posterior a xaneiro de 2022, se retornasen ao club, estarían exentos de pagar a cota de inscrición.