CAMIÑANTES OCASIONAIS

Tamén poden vir camiñar connosco persoas que non sexan socias nas seguintes condicións:
  • Os e as camiñantes sempre terán algunha vinculación co club, como ter participado en andainas do club en anos anteriores ou acudir ás rutas por invitación dalgún  socio do club.
  • Solicitalo á Xunta Directiva dous días antes da celebración da ruta e notificar os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, domicilio e teléfono.
  • Aboar a taxa vixente para o seguro eventual da Federación e contribuír aos gastos do club (seguro RC, gastos bancarios, transferencias, xestións, rexistros…). Este aboamento farase na conta bancaria do club por banca electrónica. Enviarase xustificante por Whatsapp. Os familiares directos de socios/as (cónxuxe, fillos/as, irmáns/ás) verán reducida esta taxa de acordo co establecido na asemblea  do club.
  • Só se poderá acudir como camiñante ocasional un máximo de 4 veces por ano (condición esixida pola Federación).
  • O límite do número de camiñantes ocasionais en cada ruta será como máximo de 10 (condición marcada polo seguro de responsabilidade civil que temos contratado).

Publicacións populares deste blog

RUTAS NA COSTA DA MORTE

RUTA CIRCULAR BAÑOS DE MOLGAS - SANTA EUFEMIA DE AMBÍA