Fundación do Érbedo A.

Este club naceu no ano 2010 como un grupo de amigos que deciden camiñar xuntos baixo a denominación de ÉRBEDO SENDEIRISMO. O xermolo daquel grupo estivo en catro persoas que xa compartiramos club de ciclismo no AlamBIKE e cremos que había lugares para visitar onde a bicicleta non daba chegado. Naquel momento considerámolo un grupo e preferimos; non federarnos pola encerellada burocracia que conlevaba. Así transcorreron máis de once anos. O grupo foi compoñéndose apelando aos compañeiros de traballo, chamadas a amigos, parentes, etc. E así, saíu un grupo heteroxéneo e diverso, sobre todo na procedencia dos seus compoñentes.

Agora, no ano 2022, sabedores da responsabilidade civil que recae sobre os organizadores, convocantes e guías de rutas, cremos chegado o momento de federarnos e de subscribir unha póliza de responsabilidade civil. O club a partir desta data pasa a denominarse ÉRBEDO ANDAINAS.

O 26 de outubro de 2021 faise en Noia, despois dunha ruta, a asemblea fundacional. E desde ese día inícianse todos os trámites para sermos un club federado.

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM