Ruta para salvar a Fraga das Casas Vellas (Lalín)
Domingo 2 Novembro, en Lalín Éxito da ruta da F raga de Casas Vellas, en perigo pola instalación da liña de alta tensión de FENOSA!! Powered by Wikiloc A Fraga de Casas Vellas, situada ao lado da Carballeira de Quiroga (monumento natural da parroquia lalinense de Catasós) corre serio perigo. O proxecto da empresa Gas Natural-Fenosa contempla a corta dunhas 2.000 árbores (maioritariamente castiñeiros e carballos, pero tamén algún piñeiro manso de máis de 200 anos) para levar unha liña de alta tensión ata Lalín. Aínda que existen alternativas que evitan este estrago (como soterrar a liña pola N-525, proposta polos veciños e que a empresa rexeita por cara) semella que a conivencia de Xunta, Concello de Lalín e Fenosa (con todos os permisos xa concedidos e disposta a iniciar este atentado ecolóxico no mes de novembro) unha vez máis vai impoñer os seus intereses económicos por enriba dos dos cidadáns. Para intentar evitar esta derrama creouse a Plataforma para Salva...