RUTA A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO E SERRA DA CAPELADA

SÁBADO 26 DE SETEMBRO
Powered by Wikiloc
 
A San Andrés de Teixido procura ir de vivo.

Os camiñantes de Érbedo gozamos o 26 de setembro  dunha espléndida xornada de sendeirismo percorrendo A Serra da Capelada e  coa visita ao célebre santuario de San Andrés de Teixido. A brétema coroou durante todo o día a Garita da Herbeira, engandido misterio ao lugar e impedindo a visión dos impresionates cantís que alí se erguen. Abeirados nas rochas, protexidos das ventisqueiras no nordés, demos xantado e albiscado intermitentemente a fermosura da serra precipitándose sobre o azul atlántico.

San Andrés e o seu santuario estaban alí abaixo agardándonos, pero antes houbemos de pasar por Teixedelo, polo memorial de Leslie Howard e o cruceiro. Desde alí, seguindo a cachos o camiño vello, descendemos a Teixido por un bosque frondoso e antigo. Xa na chaira que antecede  á aldea, unha zona lacustre de gran beleza sorprendeunos agradablemente. Quedaba o santuario e o poboado, entre a algarabía dos peregrinos e visitantes e a empinada ascensión  ao Chan do Monte. En Cedeira, puidemos saborear as augas da Madalena e as cervexas da praza. En Vilarrube, na Taberna do Puntal,  unha opípara cea, como de costume, onde o mellor prato sempre é a boa camaradería. O retorno aos domicilios, nocturno e longo. Así é o sendeirismo.

Un dos grandes atractivos das rutas sempre son as reportaxes gráficas do compañeiro Manuel Ferreiro.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO