RUTA POLOS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS
SÁBADO 5 DE OUTUBRO DE 2019
Invitámosvos a seguir o itinerario que realizou o club Acivro polos bosques autóctonos de Castro Caldelas. Deixamos aquí a ligazón onde describen detalladamente o itinerario e os puntos de interese e onde se poden ver as fermosas imaxes da súa reportaxe posterior á camiñata. Pareceunos interesante e repleta de atractivos, entre os que citamos os seguintes:
- O fermoso burgo medieval de Castro Caldelas
 - O mosteiro de San Paio de Abeleda
 - Igrexas varias, entre as que destaca a do desaparecido mosteiro de San Xoán de Camba,
 - Fervenzas, ríos, o curso do río Edo...
 - Poldras, pontes, pontellas, muíños..
 - Aldeas habitadas e abandonadas, a fermosa arquitectura popular
 - Bosques con árbores centenarias, camiños de vello
 
Datos da ruta:
Son dous bucles que teñen como nodo de unión a vila de Castro Caldelas. O primeiro bucle ten 18 Kms. O segundo 6,3. Os que desexen facer só o primeiro bucle poden agardar ao pé dunha cervexa nunha cafetería da capital municipal.
Dificultade: media-baixa 

Comentarios
Publicar un comentario