RUTA DA FRAGA DO BARRAGÁN
SÁBADO 12 DE MARZO DE 2022 Powered by  Wikiloc   O río Barragán acompañando á fraga. Foto de Berta GS (+ fotos) Convocamos  nesta ocasión aos camiñantes para percorrer os 17,3 Kms dunha preciosa  ruta nos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, polas  ribeiras do río Barragán. Unha ruta que é  frecuentada pola maioría dos  clubs de sendeirismo de Galicia. A ruta, de dificultade media, está moi  ben sinalizada e ademais dos atractivos paisaxísticos fluviais, une un  rico repertorio de elementos etnográficos e de arquitectura popular.      Nas seguintes ligazóns tedes toda a información e fotografías que dan unha idea clara do que alí podemos encontrar: TURISMO.GAL QUEVERENGALICIA.COM GALICIAMAXICA.EU