RUTAS NA FONSAGRADA
  SÁBADO 22 DE XUÑO DE 2024 Powered by  Wikiloc Powered by  Wikiloc Nesta ocasión, por mor de visitar dous recantos representativos do concello da Fonsagrada, repartiremos a xornada en dúas rutas: a ruta de Gallol que nos ocupará a mañá e unha parte da tarde e a visita á fervenza (aquí chámanlle seimeira) de Vilagocende, cuxo percorrido nos ocupará arredor dunha hora da tarde.  Tramo da ruta a carón do río Rodil. Foto de M.Carmen OS (+ fotos) A ruta enfiando o castro do Castelo   DATOS DA RUTA DE GALLOL: Percorrido: 14,05 Km Pendentes medias: 11,9%   e  -11,6%    Desnivel acumulado:  916 e -916 m DATOS DA RUTA Á SEIMEIRA DE VILAGOCENDE: Percorrido: 3,27 Km Pendentes medias: 14,3 %  e -14,2% Desnivel acumulado:  259 m e -275 m SAÍDA DE LALÍN: Estación de autobuses Hora 7:30 Punto de encontro: A Fonsagrada.  Complexo O Piñeiral . Hora 9:15 - 9:30