Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta León

RUTA DA PENA DO SEO. MINERÍA DO WÓLFRAM

Imaxe
SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2026 Powered by  Wikiloc Convocámosvos para esta interesante ruta no occidente do Bierzo, nunha zona bastante próxima a Galicia. Está 26 km máis alá de Pedrafita do Cebreiro, no concello de Corullón. Ademais da mole impoñente da Pena do Seo, son de interese as amplas panorámicas que desde alí se contemplan, os vestixios da febre do volframio, con varias galerías de minas e restos dos lavadoiros e poboados... Mirade o vídeo... DATOS DA RUTA: Percorrido: 14,8 km Pendentes medias: +12,4% e -13,4% Desnivel acumulado: 1087 m É unha ruta non moi longa, pero esixente. Mais queda sempre a opción de non subir a gran Pena de Seo e, daquela, queda nunha ruta accesible en quilómetros e en pendente media. Poñeremos o punto de encontro en Trabadelo, case seguro. Informamos por Whatsapp.