RUTA POLO VAL DO SILENCIO

Sábado 27 e domingo 28 de 2012 Powered by Wikiloc Despois de varios anos de rutas de un día, queriamos probar facendo noite fóra. A ocasión chegou coa degoxada Ruta do Val do Silencio, aló polo Bierzo, o sábado 27 e domingo 28, xusto no cambio de hora de Outubro. Saíndo cedo de Lalín, parando ao pan en Antas e ao café en Ponferrada, despois de deixar ceibos a Antonio e Francisco, trece expedicionarios penetramos pola intricada estrada que segue o curso do río Oza e, para iniciar a denominada Ruta Circular da Tebaida Berciana, chegamos a Montes de Valdueza (930 m de altitude). Nesta aldea decadente, con ruinoso mosteiro de San Pedro de Montes (s.IX) que non puidemos visitar por estar en longa fase de rehabiliación, collemos camiño de ascenso entre soutos ata chegar ao Castro Rupiano (1.090 m), antigo asentamento ástur e romano coa lenda da Sierpe da que san Fructuoso liberou aos poboadores do val. Entre vizosa vexetación, e seguindo un canal romano ...