RUTA CARBOEIRO - FERVENZA DO TOXA - POBOADO MINEIRO DE FONTAO

Domingo 22 de decembro do 2012
Powered by Wikiloc

Ruta Carboeiro-Fervenza do Toxa-Minas do Fontao
O domingo 22 de decembro do 2012, en mañá solleira e de fresco inicial moi propicio para a marcha, arrexuntámonos oito ofrecidos para cumprir cunha ruta circular matinal que curase o suposto “mono”. Partindo da fermosa paisaxe do mosteiro de Carboeiro, atravesamos o río Deza pola ponte romana e percorremos vellas e outonizas corredoiras entre o misterio da mera e o frescor da nova estación, para chegar axiña á área recreativa da Carixa, en Merza. Café ao canto nesta poboación e, deseguido, camiño aberto ata o quebrado, salvaxe e, así a todo, moi achegado sendeiro que se inicia na ponte de peóns onde conflúen os ríos Toxa e Deza e que nos conduciu ata a espectacular fervenza do Toxa. Enchoupados, non só polo fragor da auga, tamén polas cores máis vivas e os rumores mais naturais, desandamos os pasos ata Merza e, xa co sol de compañeiro, camiñamos ata o rehabilitado poboado mineiro de Fontao, cun pasado que nin sequera un Museo da Minaría máis heroica do volframio pode resucitar. Ao cabo, pola vella corredoira de lousa e follaxe, regresamos a Carboeiro se acaso máis conscientes de que hai tesouros que latexan á mesma beira de onde vivimos e que cómpre non descoidar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO