RUTA VAL DAS SOMBRAS - CORGA DA FECHA - SERRA DO XURÉS

SÁBADO 22 DE MARZO DE 2013 Powered by Wikiloc Raúl Hidalgo , CC0 , via Wikimedia Commons O sábado 22 de marzo, aproveitando un relanzo deste cru inverno e con Manolo Busto marcando o paso, perdémonos polas terras raianas da montaña ourensá que tantos tesouros naturais ofrece ao sendeirista e que, de certo, nos ten cativados Despois dun café no Hotel Lusitano, deixando os coches ao lado mesmo do Balneario, os 11 esforzados iniciamos a camiñada con tempo cambiante e empinada costa. E xa desde o inicio, auga, pero polo chan, escorrendo das montañas e a agarimarnos durante toda a xornada. A subida da primeira lomba, despois dun cambio de rumbo, permitiunos gozar da vexetación desa altura intermedia na que inza o érbedo e os recendos anuncian unha primavera que se resiste a chegar. A seguir, parada no Santuario da Virxe do Xurés, con espectaculares vistas a vales e montañas, maiormente desde o campanario. Logo, vieiro estreito entre alvarizas que nos achegou ao impre...