RUTA ANCARES 2013. TRES BISPOS - CORNO MALDITO

Powered by Wikiloc RUTA ANCARES 2013: Tres Bispos-Corno Maldito Xa avisaramos hai un ano, “ Se esta foi a cuarta, que ninguén o dubide: non hai quinta mala ”, e como a palabra é un documento, abriu agosto e no primeiro xoves (tradición manda) subimos ao alto nas estremas de Galiza e León. De novo unha tropa de 32 e desta vez con principio e final no Albergue dos Ancares (Degrada). Experimentouna Pepe, Manuel estivo ao micro, e todos ao rebufo dun Busto definitivamente tecnoloxizado. En mañá solleira e algo ventada fomos camiño arriba e sen apuro. Pura paisaxe. Despois de pisar campas e mirar mundo, chegamos sen novidade ao Tres Bispos . Foto ao canto e, a seguir, dous grupos: os de risco cara ao Corno Maldito (pasando os Penedois e o Pico Charcas ) e os do acougo pola Golada da Trapa , xa en baixada. Xantar separados, todo moi bucólico. Fontes e sombras agarimosas no calor da sesta. Paso por Campa de Brego , Rego da Vara , Devesa da Cabanavella ... Os nomes recenden a N...