2 RUTAS na MONTAÑA OURENSÁ: Peña Trevinca e as 4 Lagoas

Sábado, 30 de novembro de 2013
Domingo, 1 de decembro de 2013

2 RUTAS nas que gozamos da ALTA MONTAÑA GALEGA 
(serras: Eixe e Calva)


Sábado, 30 novembro:
Ruta das 4 Lagoas (17 km, en principio de dificultade media, en Wikiloc)  para ver as xeadas lagoas de Ocelo, Carrizais, Laceira e da Serpe, encoradas polas morreras glaciares do cuaternario, entre neve e friaxe. Sempre pola montaña (Serra Calva) e con algún que outro problemiña físico final que nos advertiu de que á montaña hai que ir sempre preparados. 


 



Vídeo ilustrativo da ruta do domingo 1 (Pena Trevinca) en Google Earth


Domingo, 1 de decembro:


 

Ruta de Pena Trevinca (27 km, dificultade alta, en Wikiloc),cumio da Galiza (2.127 m): pasamos polas minas alemás de volframio de Vilanova, ascendemos polo incríbel val do río Meladas, superamos o pico Maluro, camiñamos polo Lombo Roncín entre refachos de vento frío e cun sendeiro nevado e perigoso, avanzamos polo cordal da serra vendo o Teixedal de Casaio, a Pena Negra e o mundo enteiro. Por fin, non sen esforzo, acadamos a empinada e ventada Pena Trevinca. Día perfecto de inverno para o sendeirista: sol e viruxe. Realmente espectacular esta paisaxe da Serra do Eixe e inefábel a sensación que provoca a experiencia de aventurarte polos 2.000 metros. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO