RUTA POLO SOBREIRAL DO ARNEGO (SANTANDRÉ - TOIRIZ - PONTE BALSIÑA - A VULTUREIRA)

Domingo 10 de novembro de 2013
Powered by Wikiloc


Trátase dun percorrido polas ribeiras do Arnego, na zona sur do Sobreiral. Partiremos do lugar de Santandré (Carmoega), onde poderemos ver a aldea e a capela de Santa Lucía. Despois ascenderemos o Coto de Santandré ata Pena Grande (un excelente mirador natural sobre a engroba do Arnego e dos bosques de sobreiras). Aquí o camiño descende ata a parroquia de Toiriz, polas aldeas de Barrio e Foxacos. Buscaremos o paso do río pola ponte Balsiña (na foto da esquerda) e miraremos os muíños de Navaza de prolífica e curiosa historia.
Voltaremos ao concello de Agolada pola parroquia de Brántega e ascenderemos ao coto da Vultureira (topónimo que alude a presenza de voitres no pasado-vultus latino-). Polo lugar da Pontevella e o Porto acadaremos a meta, sempre co Arnego como inseparable compañeiro.
Un percorrido de 12 Km por esta zona protexida na Rede Natura 2000, cualificación LIC e distinción ZEPA.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO