RUTA POLO PARQUE NATURAL DO INVERNADOIRO

Sábado, 22 de marzo de 2014

Lección de montaña … non existen asentamentos humanos dentro dos límites d’O Invernadoiro. Todo é natureza. Así reza na descrición que Turgalicia fai deste espazo. Non é de estrañar pois que, logo das experiencias vividas, para algúns de nós as terras do macizo central ourensá estean a converterse nunha sorte de Meca pois invariablemente ano tras ano sentimos, cal devotos, a necesidade de peregrinar cara os seus cumios.

Así, desta vez, o 22 de marzo, sábado, encamiñámonos un chisquiño máis ao sur (SE) para penetrar no espazo natural do Invernadeiro, dominios do lobo, do xabarín, a garduña ou dos cervos. Do lobo ou cervos podemos dar fe algúns dos que por aquí andamos. Xa o ano pasado roldamos a carón dos seus límites administrativos cando fixemos a ruta pola serra de San Mamede. A área que imos patear desenvólvese integramente no concello de Vilariño de Conso, movéndonos en altitudes entre 1.000-1.600 m.

+INFO: O invernadeiro⎮Patrimonio natural

No parque atopamos cinco rutas (ver tríptico), das cales nós imos facer a Ruta da Ortiga. De quedar tempo e ganas despois dos 22 km temos a opción sumarlle algunha curtiña nas proximidades do centro de acollida do parque (p.ex. a Ruta do Depósito).

A ruta ascende pola zona sueste do espazo protexido dende unha cota de 930 m. na Aula da Natureza ata os 1496 m no alto da Ortiga, situado a 11 km do inicio, desde onde se contempla unha espectacular paisaxe do parque e da serra de Queixa e Manzaneda. O retorno faise pola devasa limítrofe do espazo, onde é posible atopar exemplares e sinais de diferentes especies de fauna. Tras un forte descenso, unha pista chaira leva a ata o inicio.

Powered by Wikiloc
 
O acceso ao parque está restrinxido, limitado a un número máximo de persoas diarias; no noso caso somos 19 as persoas autorizadas a visitar o parque no día da data.

Acceso: pola autovía A-52 ata Verín. Unha vez alí tomarase a estrada comarcal OU-113 en dirección a Laza para desviarse a 2,5 km ploa estrada OU-114 e chegar a Campobecerros, a 11 km do centro de acollida do parque.


 Para saber algo máis:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO