RUTAS POLO VAL DO RÍO PEQUENO E POLO VAL DAS MOURAS (O COUREL)
 SÁBADO 14 DE XUÑO de 2014
Powered by Wikiloc
O  14 de xuño de 2014  é unha data para non esquecer. As paisaxes do curso do río Pequeno  (📺) e as fantasías naturais do Val das Mouras (1,2 Km) permanecen indelebles nas nosas retinas. O Courel amosóusenos, outra vez máis, maxestoso e sorprendente.
Puntos de interese:
Na Aldea do Mazo tivemos unha feliz parada con baño colectivo en piscina cuberta e cervexa fresquiña en terraza de lousa e natureza desbordante.
Puntos de interese:
- Seoane
 - Aldea de turismo rural de O Mazo. VÍDEO
 - Impactantes paisaxes de montaña.
 - Aldeas compactas de orixe medieval: O Mazo, Meiraos, Vilasibil, Miraz, Paderne, Pedrafita do Courel, Mercurín, Ferraría Nova ...
 - Harmoniosa arquitectura de lousa e vangardismo
 - A máis sorprendente xeoloxía de Galicia
 - Fervenza da Poza da Grada
 - Sequeiros
 - Muíños
 - Inxente riqueza botánica
 - Calzadas e corredoiras ancestrais
 - Soutos centenarios
 - Devesas de natureza exuberante
 - Muíños e cabanas
 - Os labirintos kársticos do Val das Mouras. VÍDEO
 - Castro de Brío
 - Castro de Paderne. VÍDEO
 - Abundante fauna que inclúe a presenza esporádica do oso pardo. Noticia
 
Na Aldea do Mazo tivemos unha feliz parada con baño colectivo en piscina cuberta e cervexa fresquiña en terraza de lousa e natureza desbordante.
- Percorrido total : 19 km
 - Dificultade: Media / medio-alta
 
Comentarios
Publicar un comentario