RUTA AO PENARRUBIA (ANCARES) DESDE VILLARIÑOS - BALBOA
SÁBADO 9 DE AGOSTO DE 2014 Powered by Wikiloc Un ano máis, o mes de agosto é cita obrigada cos Ancares. Agora é o pico Penarrubia cos seus 1821 m. quen nos convoca para completar esa angueira de conquistar os oito 1.800 míticos nesta serra galaico-leonesa. Para chegar a este cumio escollemos a opción da vertente leonesa, no concello de Balboa. Iremos nos vehículos ata a aldea de Villariños (concello leonés de Balboa) e por pistas forestais e polo cordal chegaremos á cima. Iso son seis quilómetros. Voltaremos sobre os nosos pasos nun pequeno treito para descender por unha golada deica o refuxio de Pedracabalar, onde xantaremos (no Km.9). Para a tarde queda un treito de 11,6 Kms onde predomina o descenso. Pasaremos pola aldea de Castañoso para dirixirnos ao punto de inicio en Villariños, non sen antes coroar unha pronunciada pendente entre os densos soutos do Bierzo máis galego. Percorrido da ruta: 20,6 kms. Dificultade: alta OUTROS PUNTOS DE INTERESE ADEMAIS DA PROPIA RUTA...