RUTA AO PENARRUBIA (ANCARES) DESDE VILLARIÑOS - BALBOA

SÁBADO 9 DE AGOSTO DE 2014
Powered by Wikiloc

Un ano máis, o mes de agosto é cita obrigada cos Ancares. Agora é o pico Penarrubia cos seus 1821 m. quen nos convoca para completar esa angueira de conquistar os oito 1.800 míticos nesta serra galaico-leonesa. Para chegar a este cumio escollemos a opción da vertente leonesa, no concello de Balboa. Iremos nos vehículos ata a aldea de Villariños (concello leonés de Balboa) e por pistas forestais e polo cordal chegaremos á cima. Iso son seis quilómetros. Voltaremos sobre os nosos pasos nun pequeno treito para descender por unha golada deica o refuxio de Pedracabalar, onde xantaremos (no Km.9). Para a tarde queda un treito de 11,6 Kms onde predomina o descenso. Pasaremos pola aldea de Castañoso para dirixirnos ao punto de inicio en Villariños, non sen antes coroar unha pronunciada pendente entre os densos soutos do Bierzo máis galego.


  • Percorrido da ruta: 20,6 kms.
  • Dificultade: alta

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO