RUTA CIRCULAR DO RIO DONSAL-PARQUE DOS ANCARES

DOMINGO 30 de Agosto de 2015
Powered by Wikiloc

Porque non convén esquecer os bos costumes, para despedir agosto tripando terróns e en camaradería, volvemos a vista cara aos nosos vellos coñecidos, os Ancares. Desta volta non subiremos aos cumios como facemos cada ano (realmente xa os acadamos todos), senón que nos perderemos pola morna feitura dos vales que trazan dous regatos (río Donsal e río Ser) e patearemos montes máis baixos pero non menos fermosos. Logo, iso si, acabaremos a ruta como viña sendo tradicional anos atrás cunha troitada/churrascada na Pobra, á beira do río Navia entre risos e contos.
Non podes perdela!!!


  • Ruta 1: Circular do río Donsal: 16 km
  • E complemento voluntario: Ruta 2: Salvaxe do río Ser: 4 km

Trátase dunha das rutas máis bonitas existentes no concello de Becerreá, dentro do futuro Parque Natural dos Ancares, na que se poden contemplar fermosas paisaxes e, sobre todo, excepcionais bosques autóctonos de grande valor ecolóxico (carballos rebolos, albares, capudres, acebos, teixos, etc.), botando tamén unha ollada a moitos elementos etnográficos como muiños, minicentrais eléctricas, ouriceiras, construcións típicas, semieiras, antigas minas, etc, e visitando un bo número de vilas e vilares da zona.

É de destacar tamén que máis do 70% da ruta transcorre por zonas de sombra e vegetación autóctona de castiñeiros, carballos e outras especies. (información tirada da ruta en Wikiloc, autor: Ghaillic).

INFORMACIÓNS:
Son soamente 16 + 4 km con dificultade media, por ser montaña baixa (andaremos entre os 350 e os 600 m de altitude), pero convén ollar o perfil.

Non parece dura, comparada coas de montaña pasadas, e a distancia é asequíbel.

Quen desexe completar, pode facer a Ruta Salvaxe do río Ser (4 km, ida e volta polo mesmo trazado).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO