RUTA CIRCULAR DO RÍO GRAÑAL (ESGOS-OURENSE)

 SÁBADO 27 - SETEMBRO - 2025 

Powered by Wikiloc

Para este mes de setembro programos unha ruta moi accesible, dividida en dous tramos, e en dous concellos ourensáns diferentes. 

Pola mañá fixemo a RUTA CIRCULAR DO RÍO GRAÑAL, cos seus numerosos muíños. Ten un percorrido de 13,6 km, pendentes medias de +4,4% e -4,5%  e cun desnivel acumulado de 357 m. É dicir, moi fácil.

O grupo do Érbedo nunha das pontes da ruta, xa no concello de Paderne de Allariz

Foto de Manuel Ferreiro (+fotos)

Reportaxe da ruta, de Roteiros Galegos:

Como inicio do curso, acordamos de irmos xantar en boa camaradería ao restaurante Santa Baia, en Santa Baia (Perreiro de Aguiar).

Pola tarde, case como un paseo, poidemos optar por realizar a RUTA PERIMETRAL DO ENCORO DE CACHAMUÍÑA, no veciño concello do Pereiro de Aguiar. Esta ruta ten un percorrido de 4,2 km, pendentes medias de +4,8% e -4,7% e desnivel acumulado de 123 m. Facilona tamén.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTAS NA COSTA DA MORTE

RUTA CASTRO LABOREIRO - LAMAS DE MOURO (MELGAÇO - PORTUGAL)