O FERMOSO TRAMO DE RUTA ENTRE LOUSADELA E SECEDA

SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2015

Powered by Wikiloc

A ruta é moi diversa en paisaxes, como o propio Courel, con grandes contrastes entre as montañas elevadas e escarpadas, con vexetación baixa de matogueiras e a feracidade dos vales, onde a presenza de cursos fluviais é unha constante. Os contrastes da vexetación repítense nas ladeiras sollías e nas aveseiras. 

Nesta ruta circular Seceda - Sobredo - Valdomir - Lousadela - Seceda hai tramos ou puntos que destacan especialmente sobre o resto: a propia aldea de Seceda cunha arquitectura restaurada admirable, o castro da Torre en Sobredo, o souto de Sobredo, o curso do río Lóuzara, as decenas de alvarizas. Pero sobre todo, o treito entre Lousadela e Seceda, subindo parellos ao regato que baixa de Seceda.

Seceda. Foto de M. Busto (+ fotos)

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO