OUTONO NO COUREL: SECEDA - SOBREDO - VALDOMIR - LOUSADELA

SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2015
 
Powered by Wikiloc

Seceda. Foto de M. Busto (+ fotos)

No Courel reside a reserva botánica de Galicia. Ademais da súa orografía espectacular, os seus bosques caducifolios, a arquitectura das súas aldeas, os ríos que percorren os seus vales encaixados e ríspidos, a auga que baixa apurada das empinadas montañas descolgándose en sonoras pincheiras ... son atractivos suficientes para volver a este particular edén lucense. E máis nestas datas nas que o outono decora as paisaxes con aurilucentes cores.



21,3 Kms de percorrido ( 20 Kms. para quen queira prescindir do castro da Torre en Sobredo). Tamén existe a posibilidade de facer a ruta 4 quilómetros máis curta, rematando o itinerario ao chegar a Lousadela. Neste último caso obrigaría a esperar unha hora e pico nesta aldea para ser recollidos polos vehículos que despracemos.

Dificultade: media-alta


PUNTOS DE INTERESE:

  • Antes de empezarmos a camiñar deterémonos para visitar a interesantísima igrexa de San Fiz de Hospital (O Incio). 
  • Aldea medieval de Seceda (con A Seara, e Froxán, as tres aldeas máis sobranceiras de O Courel).
  • Alto de Veiga de Arcas (amplas panorámicas sobre a serra)
  • Castro da Torre (Sobredo)
  • Aldea de Sobredo coa capela de San Miguel. Nesta aldea, no século VIII, os monxes de Samos deron refuxio (nun antigo priorato) ao futuro rei asturiano Alfonso II O Casto.
  • Curso do Lor
  • Ponte de Sudrios e desembocadura do Lóuzara no Lor.
  • Curso do Lóuzara
  • Pincheira do Carrozo da Freita
  • Numerosas alvarizas en todo o percorrido (evidenciando a enorme riqueza apícola, antiga e actual, de O Courel)
  • Antiga ferrería de Lousadela
  • Ponte da Veiga, no Lóuzara
  •  Soutos de Seceda

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO