RUTA Á PENA E SANTUARIO DO ANAMÃO NA SERRA DE LABOREIRO
SÁBADO 5 DE DECEMBRO
Powered by Wikiloc
![]()  | 
| O sol ergue a néboa na serra do Laboreiro. Foto de Antonio L. (+ fotos) | 
Esta ruta de 20,5 Kms percorre terras de España e Portugal. Parte de Entrimo, lugar de O Casal e adéntrase na serra de Laboreiro, enclavadas no Parque Nacional da Peneda Gerês.
Ao non ser unha ruta circular cómpre desprazarse desde o punto final ao punto de inicio. Para iso contamos cun microbús de 18 prazas que nos recollerá en Ameijoeira e nos volverá traer ata O Casal.
Puntos de interese:
- Igrexa barroca de Santa María de Entrimo
 - Paseo e área de lecer do río Pacín
 - ldeas de Vilar, Venceáns, Queguas
 - Capela da Ascensión (lugar do xantar)
 - As Cortes da Carballeira
 - A Casa da Moura (dolmen)
 - O Penedo do Anamão
 - O santuario do Anamão
 - A serra de Laboreiro e as súas formacións rochosas.
 - O Curso dos río Covas e Barragem da Ameijoeira
 - Aldea portuguesa de Ameijoeira
 

Comentarios
Publicar un comentario