RUTA DA MARRONDA - ALTO EO

SÁBADO, 2 DE XUÑO 2016
Powered by Wikiloc

No municipio de Baleira (Lugo) atópase o PRG-145, a Ruta da Marronda – Alto Eo, un percorrido que nos ofrece a oportunidade de coñecer un anaquiño da comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño (Turgalicia).

 

Seguindo a suxestión do grupo Acivro, imos variar algo o percorrido oficial deste sendeiro, o que nos vai permitir visitar a fraga da Marronda. Deste xeito a distancia a percorrer ascende aos 25 km, cunha dificultade media-alta.

O PRG-145 orixinal:


Puntos de interese: San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia.
 
Acceso: na A-6, á altura da cidade de Lugo, coller a saída 493 para enlazar coa LU-530 cara á Fonsagrada (por Castroverde). No Cádavo habémonos desviar pola LU-760 cara a Fonteo, e tras cruzar este núcleo collemos a LU-P-0405 cara a San Paio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO