RUTA POLOS CANÓNS DO TERA E CÁRDENA (SANABRIA)

SÁBADO, 8 DE OUTUBRO
Powered by Wikiloc

Dificultade media-alta (posibilidade de acurtala 5 km.)
Seguindo a proposta de Ojolince y sra. achegámonos desta vez ao parque natural do Lago de Sanabria para percorrer as gargantas do Tera e Cárdena.

Moi preto da beira do Lago de Sanabria, en Ribadelago Vello, iníciase o percorrido que se interna a través do estreito e espectacular Canón do Tera. Á saída do citado pobo e, sempre paralelo ao río, atópase a pechada garganta.  Ao chegar ás primeiras fervenzas é necesario cruzar de novo o río e comezar a gañar altura para salvar as primeiras dificultades topográficas.

As pegadas deixadas polas distintas glaciacións cuaternarias nas rocas cámbricas da zona caracterizan o relevo. Profundos barrancos, circos glaciares, alturas aborregadas, ibones, morrenas e bloques erráticos son algunhas das mostras da erosión producida polo xeo. Na privilexiada contorna do Parque Natural do Lago de Sanabria pódense localizar ata 40 lagoas de orixe glaciar.
Unha vereda cada vez máis esvaecida alcanza, tras descender por unhas escaleiras naturais, a chamada Poza das Ninfas. Fervenzas e pequenas lagoas altérnanse formando un rosario de gran beleza. No ensanche da garganta fórmase o val da Cova de San Martín, volvéndose a pechar para ter que remontala e chegar a presa rota no 1959.  

Unha pista ancha lévanos, xa de volta,  ao canón do Cárdena, que se estreita e descende apuradamente para a central hidroeléctrica de Moncabril para rematar a andaina.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO