RUTA DAS SETE ALDEAS RIBEIREÑAS DO RÍO VIÑAS (O IRIXO)

SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2017
Powered by Wikiloc

O concello de O Irixo estivo tristemente de actualidade hai cinco anos cando alguén tivo a pretensión de chantarlle á beira dos montes da Madanela unha incineradora de lixo. As protestas cidadás e outras circunstancias fixeron recuar aos promotores. Agora, o grande mal que padece este concello é a despoboación e o abandono. Como escenario desta realidade quedan as aldeas, as cales contan cunha arquitectura destacable arruinada ou arruinándose e a grandiosidade dos bosques e das montañas. No Testeiro e nas súas abas norte e leste aséntanse Froufe e A Espiñeira. A nosa ruta percorrerá estas parroquias cos seus bosques autóctonos, as ribeiras do río Viñas e o rego de Munín, as aldeas de Froufe, O Alén (abandonada), Subirol, Munín, O Covelo, Frixe e Surribas. Corredoiras antigas, camiños carreteiros, pistas forestais, carreiros, sendas silvestres e algo de campo través permitirannos gozar destes 11 quilómetros.
Esperamos que sexa un estupendo aperitivo para, a continuación, poder degustar o típico cocido da zona.

  • Percorrido da ruta: 10,64 Kms.
  • Dificultade: media.
 
Aldeas do Irixo. Foto de Berta GS (+ fotos)

A continuación, imaxes tomadas en rutas de cercanías feitas pola sección Érbedo-Deza; varias corresponden ás dúas sesións preparatorias desta mesma ruta.

 





















Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO