RUTA SAN FIZ - PONTE DE PORTOTIDE (CHANTADA) NA RIBEIRA SACRA DO MIÑO

MÉRCORES, 4 DE XANEIRO DE 2017
Powered by Wikiloc

Ruta da Ribeira Sacra de Chantada entre San Fiz de Asma e a ponte de Portotide para facer na mañá do mércores 4 de xaneiro de 2017

  • Distancia: 11 km
  • Dificultade: doada-media (moita baixadiña, escasa subidas).

Sempre ao lado do río Miño. Se vai sol, collerémolo de mañá, pero tamén pode haber néboa e tardar en marchar.
Percorrido: vai desde San Fiz (Igrexa de San Fiz de Asma e tumba do Piloto), pasa por Adegas Amoedo, chega a Adegas Vía Romana e Mesón do Veiga (na Hermida), baixa a Belesar, e logo imos pola beira do río ata o lugar de Pincelo e chegamos á ponte de Portotide
Non é circular, polo que teremos que levar previamente os coches a Portotide. Dependerá, pois, dos que se anoten.

Ribeira de Chantada e ponte de Belesar

Pintoresca aldea de ribeira: Pincelo

Adega Vía RomanaCastro de San Fiz, baixo unha mesta carballeira.

Igrexa de San Fiz, onde está enterrado o último maquis, Xosé Castro Veiga, O Piloto.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA CIRCULAR BAÑOS DE MOLGAS - SANTA EUFEMIA DE AMBÍA

RUTA CASTRO LABOREIRO - LAMAS DE MOURO (MELGAÇO - PORTUGAL)