RUTA VILA DO GERÊS - CASCATA DO ARADO - CURRAL DA TEIXEIRA - CALDAS DO GERÊS

SÁBADO 16 DE FEBREIRO DE 2018

Nesta ocasión escollemos o Parque Nacional  do Gerês  para realizar unha ruta non moi longa pero si con algunhas pendentes. 14,7 Kms para adentrarnos na montaña e ver as pincheiras do río Arado e o curral da Teixeira. No retorno, baixada a Caldas do Gerês e finalizaremos na vila do Gerês, importante centro termal  e turístico.


Vídeo do parque nacional Peneda-Gerês (aparecen paraxes polas que transitamos).


A ruta marcada en verde é a nosa ruta principal. E cabe a posibilidade de que como entrante fagamos unha pequena ruta, inferior a 2 Kms, desde a Portela do Home pasando pola Mata da Albergaría e río Homem.

  • Percorrido: 14,7 Kms.

  • Dificultade: media-alta

Ruta moi interesante que pasa por lugares de alto interese natural, paisaxístico e turístico. Podería afirmarse que esta zona é o epicentro do sendeirismo, pois de aquí parten centos de rutas diferentes. As montañas compiten en elevación e formas graníticas. E os ríos verdes e azuis ora baixan apurados ora repousan nas innúmeras pozas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO