CONVOCATORIA DE RUTA NO CANÓN MEDIO DO RÍO LÓUZARA
SÁBADO 4 DE MAIO DE 2019 Powered by Wikiloc Convocamos nesta ocasión a unha excelente ruta no Courel, arredor do curso medio do río Lóuzara. Un paraíso natural desta nosa terra galega. A orografía e a natureza maniféstanse nesta zona con verdadeira exuberancia e diversidade. A carón do Lóuzara. Foto de Berta GS (+ fotos) A ruta é un marabilloso tobogán, que nos levará ás terras poéticas enxalzadas por Fiz Vergara Vilariño e Uxío Novoneyra, percorrendo as ladeiras e o val, as aldeas de Santalla, Gamiz (aldea abandonada), Cortes e Parada. Fervenzas, alvarizas, muíños, covas, frondosos soutos, esveltos lamigueiros e os perfís da montaña courelá, sempre tan abruptos e decote atraentes. E no medio, encaixado e sucesivos meandros, o río Lóuzara coas súas augas de inmaculada transparencia. E de remate, ceamos na Casa de Aira Padrón, na mesma parroquia de Lóuzara. Aldea de Cortes Aldea de Parada Cova grande de Santalla Na fi...