CONVOCATORIA DE RUTA NO CANÓN MEDIO DO RÍO LÓUZARA

SÁBADO 4 DE MAIO DE 2019

 
  
 

Convocamos nesta ocasión a unha excelente ruta no Courel, arredor do curso medio do río Lóuzara. Un paraíso natural desta nosa terra galega. A orografía e a natureza maniféstanse nesta zona con verdadeira exuberancia e diversidade.

A ruta é un marabilloso tobogán, que nos levará ás terras poéticas enxalzadas por Fiz Vergara Vilariño e Uxío Novoneyra, percorrendo as ladeiras e o val, as aldeas de Santalla, Gamiz (aldea abandonada), Cortes e Parada. Fervenzas, alvarizas, muíños, covas, frondosos soutos, esveltos lamigueiros e os perfís da montaña courelá, sempre tan abruptos e decote atraentes. E no medio, encaixado e sucesivos meandros, o río Lóuzara coas súas  augas de inmaculada transparencia.
 

E de remate, ceamos na Casa de Aira Padrón, na mesma parroquia de Lóuzara.

 

 
Na fin da ruta temos previsto adentrarnos no corazón desta terra, máis se cabe. Para iso, que mellor que visitar a Cova Grande de Santalla! Trescentos metros de galería nas entrañas calizas de Lóuzara para admirar estalagmitas e estalactitas. Non revisten perigo especial, pero hai unha zona na cova onde hai que ir agachados, case reptando. Como hai humidade e terra, sería moi útil un mono de pintor desbotable. Tamén é imprescindible unha linterna, preferiblemente das que se levan na fronte.
 

  • Percorrido da ruta: 20,2 Kms.
  • Dificultade: media-alta

Gamiz, aldea abandonada

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO