RUTA do EO-PENA MILLARES en RIBEIRA PIQUÍN co grupo SALTAPRAOS

SÁBADO 8 de xuño de 2019

 

Ruta polas beiras do río Eo, no Concello de Ribeira de Piquín, moi ben situado entre Galiza e Asturias para facer a ruta-xuntanza anual Érbedo-Saltapraos.

 

  • Ruta Circular, con saída e chegada no Chao de Pousadorio.
  • Distancia: 21,5 km
  • Dificultade: media (ver perfil)
  • Duración aproximada: 7 horas


Saimos do Chao de Pousadoiro pola beira do río Eo cara á área recreativa d´A Retorta. Logo teremos unha longa subida que nos levará ata o mirador de Pena Millares. Aí, se cadra ben, miraremos a paisaxe e xantaremos. Virá a continuación o traxecto ata a aldea de Sadrarín, e pola aba da montaña iremos ata Bidueira. Seguiremos cunha baixada longa e, xa á beira do Eu, chegaremos de novo ata o Chao de Pousadoiro, onde cearemos as troitas e o año da tradicional Casa Horacio.
Aínda que a Ruta do Río EO-Pena Millares está moi ben indicada, todos sabemos que as perdas co Érbedo están máis que garantidas. Que sería de nós sen elas? Prepararse os da outra banda.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO