SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2026 Powered by Wikiloc Convocámosvos para esta interesante ruta no occidente do Bierzo, nunha zona bastante próxima a Galicia. Está 26 km máis alá de Pedrafita do Cebreiro, no concello de Corullón. Ademais da mole impoñente da Pena do Seo, son de interese as amplas panorámicas que desde alí se contemplan, os vestixios da febre do volframio, con varias galerías de minas e restos dos lavadoiros e poboados... Mirade o vídeo... DATOS DA RUTA: Percorrido: 14,8 km Pendentes medias: +12,4% e -13,4% Desnivel acumulado: 1087 m É unha ruta non moi longa, pero esixente. Mais queda sempre a opción de non subir a gran Pena de Seo e, daquela, queda nunha ruta accesible en quilómetros e en pendente media. Poñeremos o punto de encontro en Trabadelo, case seguro. Informamos por Whatsapp.
SÁBADO 3 DE OUTUBRO DE 2026 Powered by Wikiloc Será esta unha ruta circular de paisaxes, aldeas, etnografía, xeografía e xeoloxía, co impresionante Canón do Sil como testemuña. Teremos ocasión de visitar os miradoiros do Banco, do Pé do Home, das Escadas e o de Vilouxe (probablemente o máis espetacular de todo o canón). DATOS DA RUTA: Percorrido: 14 Km Pendentes medias: +9,1% e -8,8% Desnivel acumulado: 752 m SAÍDA DE LALÍN : Estación de autobuses HORA: 8:20 PUNTO DE ENCONTRO: Café - Tapería O Extremeño HORA: 9:30 h PUNTO DE INICIO DA RUTA. Na capela de Santa María , en Vilar de Cerreda .
SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026 Powered by Wikiloc Érbedo Andainas volve ás Fragas do Eume despois de moitos anos da primeira visita. Nesta ocasión, para variar algo o itinerario da primeira ocasión, partiremos da vila da Capela e dirixirémonos ao mosteiro de Caaveiro, logo faremos a ruta Ventureira e voltaremos á capela polos muíños do río Sesín. Non é moito percorrido (13,5 Km), pero si ten unha pendente apreciable (+11,2% e -10,6%). O desnivel acumulado é de 1000 m. SAÍDA DE LALÍN. Estación de autobuses HORA: 7:45 PUNTO DE ENCONTRO (anunciarase por WhatsApp)
Comentarios
Publicar un comentario